xoves, 8 de marzo de 2012

Éxito do AUTOCARES J. POMBO BCA

Mario Silvarrey Vieites  (4º B).-

Esta tempada que comecei co meu equipo de baloncesto, Autocares J. Pombo BCA, esta sendo apaixonante. Comezou cunha gran actuación na Copa Galicia, pelexando ata o final para entrar nas semifinais, aínda que por ter menos canastras anotadas que o mellor segundo clasificado dos grupos non o conseguimos. A pesar disto, o balance que poderiamos sacar da nosa actuación é moi positivo. A competición ligueira, que se desenrola a nivel autonómico, comezou un pouco mal para nós, xa que recibimos unha xeira de cinco derrotas consecutivas, da que nos recuperamos cunha importante victoria fronte o Porriño, o rival que nos deixara fóra das semifinais da Copa Galicia. A derrota tivo un sabor amargo por culpa de que o noso adestrador tivo que deixar o posto por motivos laborais. Custou adaptarnos á chegada do novo adestrador, pero agora xa estamos traballando moi compenetrados e con alegría, o que quedou demostrado coa importante victoria que conseguimos este fin de semana contra o equipo santiagués Rosalía. Espero que os resultados sigan chegando e que este grupo tan bo no que agora estamos se volva a xuntar de novo moi pronto.