viernes, 27 de abril de 2018

Segundo programa do curso 2017/2018

O día 26 de abril os alumnos de Radio Escolar Sardiñeira visitamos Radio Nacional de España (RNE) nos Xardíns de Méndez Núñez para gravar o noso segundo programa, que podedes escoitar neste link:

Segundo programa







jueves, 1 de marzo de 2018

Primeiro programa da tempada 2017/2018


Estamos de volta en Radio Escolar Sardiñeira e xa vos presentamos o primeiro programa. Aloia, Victoria, David, Lía, Alba, Martín, Lara, Damián, Marcos, Antía y Bethel gravaron as súas reportaxes en Radio Coruña-Cadena Ser. A ver que vos parece:

Primeiro programa 2017/2018


lunes, 19 de junio de 2017

Despedida do curso 2016/2017

Pechamos, un curso máis, una nova edición da actividade Radio Res e, como sempre, o facemos coa entrega de diplomas no instituto. Ata o curso que vén!











jueves, 15 de junio de 2017

Cuarto e último programa en Onda Cero

Chegamos ao final! A actividade de Radio RES deste curso 2016/2017 remata con este cuarto programa, que gravamos na emisora Onda Cero.


Moitas gracias a todos: aos profesores, entrevistados e emisoras colaboradoras!


Cuarto e último programa de Radio RES



miércoles, 31 de mayo de 2017

A radio visita o instituto

Hoxe, día 31 de maio, Radio Coruña-Cadena Ser visitou o instituto. Dende a biblioteca do centro, o programa matinal 'Hoy por Hoy' emitiuse para toda a comarca da Coruña presentado por Mayte González e coa colaboración dos alumnos do taller de radio.




O programa comezou coa presentación de Laura e Salma:




Rosalía e Fran foron os encargados de entrevistar á concelleira de Medio Ambiente e exalumna do instituto, María García.



Por último, Amelia, Natalia, Lucía e Claudia conversaron sobre a mediación no instituto e o acoso escolar, vencellado este ás novas tecnoloxías.



E se o queres escoitar enteiro, por horas. Aquí tedes os enlaces:

Primeira hora Hoy por Hoy en A Sardiñeira

Segunda hora Hoy por Hoy en A Sardiñeira

Moitísimas gracias á radio por visitarnos e a público, os nosos compañeiros e profesores, por estar connosco nesta interesante experiencia.






viernes, 26 de mayo de 2017

Visita do xornalista Marcos Sanluis ao instituto

O xornalista de Radio Coruña-Cadena Ser Marcos Sanluis visitou o instituto o pasado martes día 23 de maio. Contounos como vai ser o programa de radio 'Hoy por Hoy' que se gravará o próximo mércores día 31 na biblioteca do centro educativo. Os alumnos fixeron moitas preguntas para saber como traballa un xornalista radiofónico e Marcos explicounos moitas cousas interesantes.


miércoles, 17 de mayo de 2017

Segundo programa de Radio Res en Radio Coruña-Cadena Ser

Xa podedes escoitar o segundo programa de Radio Res! Os alumnos gravaron nos estudios de Radio Coruña-Cadena Ser e aproveitaron para visitar a redacción, onde a xefa de Informativos, Consuelo Bautista, lles explicou o traballo dos xornalistas radiofónicos e tamén viron como se traballa na emisora musical 40 Principales da man da locutora Teba Chacón.

Segundo programa de Radio RES